lunes, 22 de febrero de 2016

AS FUTURAS ESTRELAS XA ESTÁN AQUÍ

Moitos dos nen@s non esqueceran fácilmente o sábado pasado, despois dunha semana de nervos e dunha espera interminable, chegaba o gran día, os meus pais poñíanme por primeira vez o traxe de xogador, igual que ós maiores, e iamos ó pavillón, esta vez non a ver un partido, senon a xogalo. Ambiente incrible, coas gradas ateigadas de público i espectaculo na pista cos pequeniñ@s celebrando un gol por primeira vez no medio dos aplausos da afeción de todos os equipos desplazados ata o municipal de Curtis.
 Troula e Sto. Domingo de Betanzos, Jogafán Ordes, Concello de Guitiriz 2010 e 2011, Concello de Melide A e B, EDA Arzúa e Concello de Curtis, foron os equipos participantes, non imos poñer resultados que non teñen nin a mais mínima importancia, soamente agradecer ós equipos, encabezados polos seus adestradores, e o público asistente, o inmellorable comportamento que fixo de este evento unha festa do futsal...















1 comentario:

  1. O fútbol non para, gracias que veñen pisado forte os pequenos.

    Da gusto velos e cando mais disfrutan, sen preocuparse de clasificacions e resultados.

    ResponderEliminar