martes, 27 de junio de 2017
miércoles, 7 de junio de 2017
CAMPAMENTOS URBANOS 2017
CONTARÁ CON ACTIVIDADES DIRIXIDAS A CADA GRUPO DE IDADE, EXCURSIÓNS E ACTUACIÓNS.
Os nenos participantes nos Campamentos Urbanos organizados polo Concello de Curtis para facilitar a conciliación familiar durante os meses de xullo e agosto volverán gozar este ano de numerosas actividades lúdico deportivas que, nesta ocasión, teñen unha formulación temática: superheroes, piratas, oeste e medieval.
Os campamentos organizaranse de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas, excepto os festivos, nas instalacións do CEIP de Teixeiro e no Centro de Lecer Infantil.
Para poder participar neles, a idade mínima é a dos nenos e nenas nados en 2013. As actividades incluídas serán atletismo, fútbol, fútbol sala, balonmán, voleibol, padel, bádminton e deportes acuáticos, así como xogos de mesa e de expresión, talleres, manualidades, disfraces e excursións.
A distribución horaria será a seguinte:
A distribución horaria será a seguinte:
09:00 -10:15 |
TALLERES
/MANUALIDADES
|
10:15 -11:30 |
GRANDES XOGOS
|
11:30 -11:45 |
TENTEMPÉ
|
11:45-13.15 |
XOGOS DEPORTIVOS
|
13:15-14:00 |
XOGOS DE EXPRESIÓN
|
As datas a elixir son:
- 3 ao 14 de xullo: temática Superheroes
- 17 ao 28 de xullo: temática Pirata
- 31 de xullo ao 11 de agosto: temática Oeste
- 14 ao 31 de agosto: temática Medieval.
A inscrición, para a primeira quenda, deberá realizarse antes do 15 de xuño (este día incluído) ben na Casa do Concello de Teixeiro ou nas oficinas municipais de Curtis. O obxectivo desta inscricion é coñecer o número de participantes, pero no caso de non ter claras as datas nas que participar agora se poderán anotar noutras quendas de xullo e agosto. É dicir, en cada quincena darase un prazo para inscribirse na quenda seguinte.
viernes, 2 de junio de 2017
AMIGABLE EN CAMARIÑAS
As EDM viaxan esta semana a Camariñas para xogar un amigable fronte o equipo local, As Baleas. Participaremos coas categorías Benxamín, Alevín e Infantil nun día de fútbol que rematará cunha churrascada a pe de campo para nenos e pais e con actividades lúdico-culturais pola tarde. As Baleas devolverá a visita ó inicio da vindeira tempada.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)