viernes, 28 de octubre de 2016

XORNADA SÁBADO 29 DE OUTUBRO

Dobre xornada no Campo Novo de Curtis, ás 10.00 xogan os Infantis contra o lider da categoría, o Visantoña, co debú nas nosas filas de Alex García. Ó remate deste partido xogarán os alevíns ante un dos equipos fortes da categoría, o Rayo Sandense a partir das 11.45.


martes, 25 de octubre de 2016

UNHA DERROTA E UN EMPATE

Non foi moi productivo o fin de semana en canto a resultados para os equipos das escolas, o Infantil acadou un punto na súa visita ó campo do Obrero, 1-1, logo de adiantarse no marcador cun gol de Asier. Non é un mal resultado e suman tres partidos consecutivos sen perder.

Os Alevins colleitaron a primeira derrota do curso no campo do San Tirso, 2-1, nun partido moi disputado e no que non mereceron a derrota pero como di Luis Cesar, adestrador do Lugo, no fútbol, e máis nestas idades, nunca se perde, ou se gaña ou se aprende, e desta volta tocou aprender.


viernes, 21 de octubre de 2016

XORNADA 22/10

Este sábado toca viaxar, os dous equipos de fútbol das escolas xogan fora da casa. Os alevíns desprazanse ata o campo do Monte en Santirso para enfrontarse ó equipo locatario nun duelo de invictos, o partido comeza ás 11:30 da maña. Os Infantís, viaxan a Oleiros para medirse ó Obrero B e tratar de seguir coa boa xeira de resultados das últimas xornadas e así continuar escalando postos na taboa clasificatoria.




Todos aqueles que queiran acompañar ós equipos nas suas saidas poden facelo de forma gratuita tendo en conta que no caso de agotar as prazas de bus terán preferencia os familiares e acompañantes dos xogadores/as.

lunes, 17 de octubre de 2016

RESULTADOS FIN DE SEMANA 15/10

Pleno para os equipos das escolas municipais, os infantis venceron por 2-0 ó Sp. Burgo, nun duelo moi igualado no que o Burgo dominou máis pero o acerto de cara a gol foi dos de Curtis que con goles de Adri, a saida dun corner, e de Anxo, de volea dende fora do area,antes do descanso, deixarón o marcador no 2-0 final.

Os alevíns, tiñan unha dura proba fronte o Arteixo B e a pesar do abultado do marcador final, 7-0, o partido non foi nada doado, proba delo e o marcador de 1-0 o remate dos primeiros 25 minutos. Os goles de Pablo Lópz(3),Dani, Iván e Xoel(2), poñen o alevín como lider da competición igulado a puntos co San Tirso C, próximo rival o vindeiro sábado.



CLASIFICACIÓN 2ª AUTONÓMICA INFANTIL