lunes, 30 de mayo de 2016

BENXAMÍN E ALEVÍN CAMPIÓNS PROVINCAIS

Incrible a tempada que están a realizar os nosos equipos de futsal, ós titulos acadados ata hoxe, en Benxamín campións de Liga, Copa, Intercomarcal e Cidade de Lugo, e en Alevín campión de Liga e Intercomarcal, agora sumanse os de campions Provinciais, o Titulo máis alto que se pode acadar en futsal nas competicions de Deporte escolar.

Nas semifinais os benxamíns acadaron a súa clasificación na tanda de penaltis logo de remontar ata en tres ocasions ante un complicadísimo rival, Corcubión, que  foi un digno semifinalista. A final foi máis doada e rematou 9-3 contra un escotado Cabana.

En alevín, os nosos, venceron nas semifinais por 5-2 a Outes, cun fulgurante inicio de partido 2-2 ós 4 minutos e que decidiu a maior calidade dos nosos con Pedro como xogador máis destacado. Na final vencemos a Melide por 7-2 logo de unha primeira parte moi igualada, 0-0 minuto vinte e con Adri como xogador estrela.

Aquí vos deixamos en fotos alguns momentos dos partidos:














jueves, 26 de mayo de 2016

CAMPIONATO PROVINCIAL EN CURTIS E TEIXEIRO

O vindeiro sábado, e por primeira vez no noso concello, disputarase o Campionato Provincial de fútbol sala, torneo organizado pola Secretaria Xeral para o Deporte e que contará cos campions das zonas de Ferrol, A Coruña-Costa da Morte, Santiago e Noia-Barbanza. En Teixeiro xogarán os equipos da categoría Alevín i en Curtis os da Benxamín. As nosas escolas estrán representados, como campións da zona de Ferrol e logo de gañar Liga e Intercomarcal, por un equipo en cada categoría.



Os partidos de semifinais seran pola mañá e os de 3º e 4º posto e final pola tarde. Estes son os emparellamentos e os horarios:




Por outro lado, en fútbol campo, os nosos equipos disputan as Copas, en Alevin F8 temos un partido clave mañá venres fronte o Luis Calvo Sanz, unha victoria ou un empate daríanos a clasificacion matemática para a fase final de este torneo que este ano se disputa en Cuntis(Pontevedra). O partido comezará ás 19:30 no Campo Novo de Curtis e os locais contrán coas baixas de Dani e de Alberto.

O sabado, tamén en Curtis, xogarán os Infantis, eliminatoria  de oitavos de final a partido único contra un equipo de categoría superior, o Rayo Sadense, o partido comeza ás 11:30 coa boa nova da recuperación de Isma que xa está recuperado da súa lesión.



miércoles, 25 de mayo de 2016

ÁNGEL E PABLO FALANDO DE LUCAS VÁZQUEZ HOXE NA VOZ.


  • «Este niño era un espectáculo»

    En Curtis asisten orgullosos a la explosión de Lucas Vázquez en el primer equipo del Real Madrid, del que destacan su enorme determinación

    elena silveiraA Coruña / La Voz.

    Tiene 24 años y es el jugador de moda del Real Madrid. Y si no está de moda, pronto lo estará ya que su trayectoria y su determinación es imparable. Lo saben bien quienes lo conocen desde pequeño y lo han visto crecer con «un balón pegado a los pies».

    Lucas Vázquez nació en Curtis, un municipio donde la montaña y el campo forjan el carácter. Allí, en el patio del colegio, comenzó a despuntar sobre el resto de niños y pronto se enroló en las filas de las escuelas deportivas municipales bajo el mando de Ángel Ares Conde, el entrenador de fútbol sala. Él lo recuerda como un chaval brillante. «Es que ese niño era un espectáculo. Cada entrenamiento y cada partido era igual para él. Jugaba todos con la misma intensidad y calidad. En el uno para uno era, y es... imparable».
    Un espectáculo

    Recuerda una ocasión, durante un torneo en Betanzos, que decidió sacarlo del campo cuando su equipo iba ganando 0-6. «El público comenzó a silbarme. La gente se enfadó porque hice un cambio por otro jugador. Querían verlo a él», explica.
    Pablo Chacón Souto, técnico de Deportes del Concello de Curtis, recuerda ojeando los carnés que conservan de Lucas que el centrocampista siempre fue un buen estudiante, pero su única determinación en la vida era el balón. De hecho, no dudó un minuto en irse, siendo casi un niño, a Madrid. Solo. «Lo que ha conseguido no es fácil. Para estar en el Real Madrid siendo español y que te llamen al campo para jugar tienes que ser muy bueno», comenta Ángel Ares. Y, según dicen sus formadores deportivos, seguramente lo convocarían más si el club no tuviera que rentabilizar sus grandes inversiones. «Pero cuando sale... ¡se sale! Lo da todo y marca. Es un fabuloso jugador de banda que centra muy bien y que además tiene una gran intensidad defensiva. Lo tiene todo».
    Sus allegados comentan que hace años que su vida la hace en Madrid, pero siempre que puede vuelve a su concello. De hecho, cada verano regresa al restaurante Exprés, un negocio familiar situado en la avenida principal de Curtis y donde reponía fuerzas tras los partidos. Sus paisanos dicen que están «muy orgullosos» de la trayectoria del joven deportista y por ello el alcalde de Curtis, Javier Caínzos, ya anunció que será nombrado embajador de este concello coruñés.

    «El equipo está con mucha confianza», dice el gallego

    Lucas Vázquez asegura que el Real Madrid encara la final de la Liga de Campeones «con mucha confianza», ya que vienen de cosechar doce victorias consecutivas en la Liga y ,aunque subrayó que el Atlético tiene «muchas armas», pidió preocuparse más de ellos mismos. «El equipo está con mucha confianza. Venimos de doce victorias en liga y el equipo está en condiciones», dijo Lucas Vázquez en el Media Day de este martes previo a la final de Milán.
     «Nosotros debemos preocuparnos de cómo tenemos que jugar y de hacer un buen papel nosotros, y eso es lo importante», apuntó el extremo gallego, quien al ser cuestionado sobre si se ve titular en San Siro, explicó que eso lo tendrá que decidir Zidane y que él solo intenta «estar en las mejores condiciones para aprovechar las oportunidades». «Zidane es quien decide, seguro que lo tiene claro. Nosotros nos tenemos que dedicar a trabajar y llegar lo mejor posible el sábado», añadió.
    Finalmente, el jugador merengue recalcó que está «bien» de su lesión de rodilla producida ante el Valencia a principios de mayor y que ya está «olvidada», y que los días previos a la final intenta vivirlos «como una semana igual» a cualquier otra. «Está claro que el sábado es una final y tenemos ganas de ganarla. Ojalá tenga la oportunidad de levantar la copa», concluyó.


Aquí vos deixamos o link da noticia:

http://www.lavozdegalicia.es/m/noticia/deportes/2016/05/25/nino-era-espectaculo/0003_201605G25P47993.htm




lunes, 23 de mayo de 2016

O BENXAMÍN A CAMPIÓN DE COPA

Impresionante a tempada que están afacer os nen@s do 2006, 4 título de 4 posibles e ainda lle quedan as semifinais da Liga Interconcellos, para as  que se clasificaron sin perder un so partido, e as semifinais do Campionato Provincial que se xogará o vindeiro sábado en Curtis e Teixeiro.

Na Copa, o pasado sábado, quedaron encadrados no grupo A  con Irimón e Miño os que venceron por 10-0 e 9-1 repectivamente. No outro Grupo estaba o Curtis B, que acudiu á cita con moitas baixas e cun equipo casi prebenxamín, caendo derrotado por 3-8 fronte a Sobrado e 2-7 con Pontedeume.



Na loita polo 5 e 6 posto os Benxamíns B lograon impoñerse por 6-5 a Irimon.


Xa na final, O Benxamín A venceu a Pontedeume por 10-1 acadando así un novo título.






viernes, 20 de mayo de 2016

PARTIDO VITAL PARA OS ALEVÍNS DE F8

O fin de semana comeza hoxe coa disputa da última xornada da Liga Interconcellos, no pavillón de Curtis a partir das 17:00h., enfrontanse dous equipos cos deberes feitos, xa que ambos contan con todas as súas categorías clasificadas para a fase final que este ano organiza Frades. 


VENRES 20 DE MAIO PAVILLÓN DE CURTIS 8ª XORNADA LIGA INTERCONCELLOS

17:00 INFANTIL
17:45 ALEVÍN
18:30 BIBERÓN
19:15 PREBENXAMÍN
20:00 BENXAMÍN

O sábado será o turno dos alevíns de F8 que se xogan o seu pase as semifinais do torneo copeiro nun duro partido co Paiosaco fora da casa. Os nosos contarán coas baixas  de Alberto por lesión e de Dani, recientemente operado e que dende aquí lle desexamos unha rápida recuperación.

SÁBADO 21 DE MAIO PORTA SANTA(PAIOSACO) 17ª XORNADA COPA ALEVÍN

11:45 UD PAIOSACO H.AÑON A - EDM CURTIS ALEVÍN F8



Por último, tamén o sábado, disputarase a Copa Benxamín de futsal nos concellos de Monfero e Irixoa, o Benxamín A quedou encuadrado no grupo A que xogará os seus partidos no pavillón do Xestal en Monfero con Miño e os locais, Irimón. O Benxamín B esta no grupo B e xogará fronte a Sobrado e Pontedeume no pavillon de Irixoa. Os partidos comezarán ás 10 da mañá e a final esta prevista para as 13:15 horas  en Irixoa.


miércoles, 18 de mayo de 2016

ENTREVISTA A GUTI NA VOZ DE GALICIA

LUCAS VÁZQUEZ PRESELECCIONADO

O ex xogador das escolas deportivas municipais e do CCD Curtis foi seleccionado por Vicente del Bosque na lista de 25 xogadores da que sairán os 23 que acudirán á Eurocopa de Francia o vindeiro mes de Xuño. A sorpresa foi maiuscula pois quedarón fora nomes ilustres como: Torres, Mata, Costa ou Santi Cazorla entre outros moitos. Dende aqui queremos felicitalo e desexarlle toda a sorte do mundo para a final de Champions do día 28 e para que este dentro da lista defeinitiva e asi poida representar non so a este concello senón ó fútbol galego.


lunes, 16 de mayo de 2016

BENXAMÍN E ALEVIN CAMPIONS INTERCOMARCAIS E INFANTIS ASCENSO A 1ª

Fin de semana memorable para as escolas deportivas municipais, o sábado, os Infantís de fútbol 11 lograban o ascenso logo de derrotar ó Obrero por 2-1 no partido de volta da promoción de ascenso a 1ª Autonómica. O resultado de ida, 2-4 para os de Curtis, facía preveer un partido de volta cómodo pero, nada máis lonxe da realidade, un tempraneiro gol do Obrero, minuto 4 i os cambios obrigados por lesión de Dani e Isma, fixeron perigar a eliminatoria ata que dous golazos de David, un deles de falta directa pola escadra dende trinta e cinco metros, acabaron coas esperanzas de remontada do rival que nos derradeiros minutos apenas inquedou a meta local. Reseñar que Isma tivo que ser evacuado ó hospital logo dun forte golpe nun encontronazo co porteiro visitante pero todo quedou neso, nun golpe e nun gran susto para todolos presentes.

A festa continuou o domingo coas victorias no Intercomrcal dos equipos de Benxamín e Alevín de futsal, os primeiros gañaron por 5-1 ó Esteo das Pontes nun partido dominadao de principio a fin i os segundos por 5-0, fonte o mesmo rival, nun encontro moito máis disputado que se resolveu mediada a segunda parte cunha destacada actuación de Adri autor de catro goles.


Con eso ambos equipos están clasificados como representantes da zona de Ferrol para disputar o Campionato Provincial o vindeiro 28 de Maio en Curtis e Teixeiro e que contará, amen dos nosos equipos, coa presenza dos campión das zonas de Barbanza, A Coruña e Santiago.







viernes, 13 de mayo de 2016

APAIXOANTE FIN DE SEMANA

Interconcellos, Copa alevín, promoción de ascenso e finais intercomarcal zona de Ferrol, completan un cartel apaixoante par este fin de semana. Comezamos hoxe venres coa disputa da 8ª xornada da Liga Interconcellos en Touro.


VENRES 13 LIGA INTERCONCELLOS XORNADA P.M. DE TOURO

18:15 TOURO - EDM CURTIS ALEVÍN
19:00 TOURO - EDM CURTIS INFANTIL
19:45 TOURO - EDM CURTIS BENXAMÍN



O sábado xogarán os dous equipos de fútbol herba, o alevín, que se despraza a Dorneda para medirse o equipo locatario nun duelo entre os dous primeiros clasificados, e o infantil que xoga o partido de volta da promoción de ascenso cunha vantaxe de dous goles.

SÁBADO 15 DE MAIO CAMPO NOVO DE CURTIS PROMOCIÓN DE ASCENSO A 1ª, VOLTA

11:30 EDM CURTIS INFANTIL F11- CD OBRERO


SÁBADO 15 DE MAIO O CODESAL (DORNEDA) COPA ALEVÍN XORNADA15

12:00 C.XUVENTUDE DORNEDA - EDM CURTIS ALEVIN F8

O prato forte chegará o domingo coa disputa das finais do Campionato Intercomarcal entre os equipos da comarca de Lambre Mandeo (As Mariñas) e a das Pontes. O campión de cada categoría representará a zona de Ferrol no Campionato provincial que tamén se disputará en Curtis o vindeiro 28 de Maio. As escolas estrán representadas polos equipos do Benxamín A e o Alevín, ambos campións de Liga Comarcal sen perder un só partido.


miércoles, 11 de mayo de 2016

GUTI DOBRE CAMPIÓN DE ESPAÑA

Santiago Fernández Linares, por todos coñecido como "Guti", logra un novo éxito para  o  deporte do noso concello acadando o primeiro posto en dúas modalidades do campionato de España de Powerlifting GPE, impoñendose o sábado na proba de Powerlifting na categoría de menos de 110 kg.e o domingo, a pesar de estar mancado, na proba de press de banca, na mesma categoría e batindoo novamente o record de España, que él mesmo tiña, deixando o novo rexistro en 215 kg.




Este novo éxito súmase o subcampionato do mundo logrado en Portugal en Novembro do ano pasado i os numerosos galardóns obtidos pol@s deportist@s que el adestra.



ENORME GUTI, NUNCA MELLOR DITO!!!!!

OS ALEVÍNS SON NOTICIA DE NOVO


martes, 10 de mayo de 2016

A UN PASO DO ASCENSO E DAS SEMIFINAIS DE COPA

Outro gran fin de semana para as escolas deportivas municipàis. O venres, en Interconcellos, 5 victorias en Ordes fronte o Jogafán, 2-5 os Biberóns con golazo de Tomás, 3-8 os Prebenxamíns, 0-12 os Benxamíns co debut como goleador de Gabriel, 0-16 os Alevíns e 1-8 os Infantís. Con estes resultados aseguramos a clasificación de todolos equipos para a fase final de Frades a disputar o 4 e 5 de Xuño.

En fútbol campo os Infantís encarrilan o ascenso cunha traballada victoria no campo do Obrero por 2-4 cun enorme partido de Isma. A volta será o vindeiro sábado, ás 11:30, no Campo Novo de Curtis .

Os Alevíns empataron na casa fronte o Ordes logo de ir perdendo 0-3 e terán un partido decisivo este sábado en Dorneda, unha victoria casi aseguraría o pase ás semifinais do torneo.

Por último, os Benxamins de futsal disputaron un torneo de fútbol 8 en Arzúa quedando no terceiro posto logo de perder fronte a EDA Arzúa e a SD Negreira e gañar ó Cire Melide.




viernes, 6 de mayo de 2016

PROMOCIÓN DE ACENSO E 9 PARTIDOS MÁIS

Comeza o fin de semana e chega de novo a competición, este será moi intenso con 10 partidos en dous días.

Hoxe venres disputase a 7ª xornada da Liga Interconcellos, en Ordes no P.M. Castelao II,entre as escolas do Jofagán Ordes e das EDM Curtis.

VENRES 06 DE MAIO P.M. CASTELAO(ORDES) 7ªXORNADA LIGA INTERCONCELLOS

17:00 INFANTÍS
17:45 BIBERÓNS
18:30 PREBENXAMÍNS
19:15 BENXAMÍNS
20:00 ALEVÍNS

O sábado tocaralles o turno ós equipos de fútbol campo coa dispùta do partido de ida da promocion de ascenso a 1ª en Infantís, cunha xornada mais da Copa Alevín, onde se enfrontan o primeiro e o terceiro, e por último co debut dos benxamins este ano en fútbol campo no Torneo de F8 de Arzúa.



SÁBADO 07 DE MAIO CAMPO NOVO(CURTIS) 14ªXORNADA COPA ALEVÍN


10:30 EDM CURTIS ALEVÍN F8 - SD ORDES A


SÁBADO 07 DE MAIO EUGENIO PARDO(OLEIROS) PROMOCIÓN ASCENSO IDA


12:15 CD OBRERO - EDM CURTIS INFANTIL F11


SÁBADO 07 DE MAIO O VISO(ARZÚA) TORNEO F8

16:00 EDA ARZÚA - EDM CURTIS BENXAMÍN F8
17:30 SD NEGREIRA -  EDM CURTIS BENXAMÍN F8
19:00 CIRE MELIDE -  EDM CURTIS BENXAMÍN F8


martes, 3 de mayo de 2016

RESUMO FIN DE SEMANA

Comezabamos o fin de semana o venres, coa disputa da 6ª xornada da liga Interconcellos, en Melide fronte ó Melide A. Derrota dos Biberóns in extremis, por 2-1, nun partido no que merecerón moito mais, derrota tamén dos Prebenxamíns por 5-2 ante un rival superior e victorias dos demais equipos, Benxamíns 2-12, Alevíns 1-6 e Infantís 1-8, con estes resultados, salvo os Prebenxamís, teñen practicamente garantida a súa presenza na fase final, que este ano organiza Frades, todolos nosos equipos.



O sábado foi o turno dos equipos de fútbol campo, salientar a primeira derrota dos infantís este curso, no derradeiro partido de Liga, por 2-1 diante do Cristo Rey, nun partido marcado polas malas condicións do terreo de xogo e no que o rival se adaptou moito mellor e foi xusto gañador.
 Por outra banda, os alevíns, gañan fora nun partido complicado ó At. Perillo, eliminando de esta forma a un rival directo pola loita para estar nas semifinais da competicion copeira, continuan primeiros con dous puntos de vantaxe co segundo clasificado...