viernes, 28 de abril de 2017

NOVA XORNADA CON 7 PARTIDOS

Outro fin de semana con moitos partidos para as EDM, logo do éxito acadado o pasado domingo, no Intercomarcal, voltan as ligas regulares de fútbol e futsal. Para comezar, hoxe venres en Curtis, 5ª xornada da Interconcellos coa visita de Melide A, un dos favoritos a levarse a meirande parte dos títulos e organizador da fase final no mes de xuño. O sábado será a quenda para os equipos de fútbol herba, o alevín viaxa  Cambre  para medirse o Brexo Lema e o infantil recibe ó Xuventude de Dorneda.



VENRES 28 DE ABRIL PAVILLÓN DE CURTIS LIGA INTERCONCELLOS

17:00 EDM CURTIS ALEVÍN - MELIDE A

17:45 EDM CURTIS BIBERÓN - MELIDE A

18:30 EDM CURTIS PREBENXAMÍN - MELIDE A

19:15 EDM CURTIS BENXAMÍN - MELIDE A

20:00 EDM CURTIS INFANTIL - MELIDE A



SÁBADO 29 DE ABRIL LUCAS VÁZQUEZ(CURTIS) 

11:00 EDM CURTIS INFANTIL F11 - XUVENTUDE DE DORNEDA



SÁBADO 29 DE ABRIL OS PINARES(BREXO LEMA, CAMBRE)

BREXO LEMA - EDM CURTIS ALEVÍN F8

miércoles, 26 de abril de 2017

Diversión na gala de patinaxe

O pasado sábado a escola de patinaxe participou na 3ª Gala de patinaxe organizada polo concello de Frades.

O concello de cutis aportou 40 dos 150 patinadores que se deron cita no pavillón de Pontecarreira.




Nunha tarde marcada pola intensa calor e os nervos que sempre aparecen podemos decir que as nosas patinadores e patinadores finalizaron as súas actuacións cun gran aplauso de todo o público en recompensa do seu esforzo e a boa actuación.

O primeiro grupo con imaxe de "rockerillas" realizaron unha alegre e dinámica coreografía o son da canción "Sofía".

En segundo lugar o grupo de medianos moi ben maquillados bailou a canción "Eye of the Tiger".

Finalmente o grupo de maiores levaron unha canción moi movida e divertida que animou a todas as bancadas a participar con aplausos durante a súa actuación, "Que suenen los tambores."

Unha vez mais Felicitar o concello de Frades pola boa acollida e organización así como os nen@s e pais que fixeron da tarde do sábado outra divertida cita sobre patíns.



















































martes, 25 de abril de 2017

CAMPIÓNS INTERCOMARCAIS

Novo éxito para as escolas deportivas municipais e novo título para os alevíns, esta vez no Campionato Intercomarcal que se xogou en As Pontes, enfronte O Esteo FS.
Domingo pola tarde,  municipal de A Fraga, moito público nas bacadas,  primeiro partido con victoria para os ponteses por 5-3 nun choque moi disputado que chegou con 1-1 ó descanso e que se decantou no inicio do segundo tempo con tres goles do Esteo, recortaría distancias o Curtis co tempo casi rematado. Marcaron para as EDM Xoel, en duas ocasións e Javi. 
No segundo partido, o dos alevíns, repetíase, a final do torneo Cidade de Lugo, mesmos contrincantes, e igual marcador, 2-1. Adiantabase o Esteo cara o final do primeiro tempo e remontba o Curtis no segundo cun maxistral gol de Dani, de falta dende medio campo, e outro de Iván, a pouco do remate. Minutos finais de moito acoso do Esteo pero o marcador xa non se movería, victoria e cuarto título da tempada para esta xeración que esta a batir todos os rexistros das EDM. A próxima cita o 20 de Maio en Noia no Campionato Provincial.