miércoles, 31 de mayo de 2017

OS PATÍNS TOMARON AS RÚAS

Chega o verán e con el o final das actividades.

Onte era o día da clausura da escola de Patinaxe e Ximnasia Artística e decidimos tomar as rúas de Teixeiro sobre os patíns.




Despois dun gran ano marcado polo elevado número de participantes na escola e as divertidas galas sobre patíns, esta xornada tratábase dunha tarde totalmente lúdica na que o patín  e a convivencia fosen os protagonistas.

As 16:30  salíamos dende o pavillón de Teixeiro realizando unha ruta polas rúas do pobo en patíns que finalizaba na praza donde nos esperaba un circuito xigante antes de dar paso ao circuito de carreiras por idade que levantou a expectación de tódolos asistentes e levantou os aplausos.
Para finalizar houbo duas breves exhibicións  de patinaxe e ximansia.


A continuación deixamosvos unha galería de fotos da tarde de onte.

Para o próximo curso mais e mellor!!!! Esperámosvos!!!






















FELICITAR TÓDOL@S NEN@S E PAIS/NAIS POR ESTE GRAN ANO DE PATINAXE

miércoles, 24 de mayo de 2017

CAMPIONATO PROVINCIAL EN SERRA DE OUTES

Deixamosvos unha galeria de fotos da xornada do sábado 20 en Serra de Outes onde o equipo alevín se proclamou campión provincial logo de vencer a EDM Malpica por 8-1 na semifinal e impoñerse 5-3 na final fronte o Outes CF, nun trepidante partido que se resolveu nos intres finais.































viernes, 19 de mayo de 2017

CAMPIONATO PROVINCIAL DE FUTSAL, INTERCONCELLOS E LIGAS DE FÚTBOL

Chegamos ós meses finais de competición e con eles os pratos fortes. Penúltima xornada de Interconcellos con 5 partidos hoxe e un o martes, Penúltimo partido tamén para os infantís de fútbol 11 e o máis destacado de esta semana, o Campionato Provincial de Futsal en Serra de Outes, co equipo alevín na procura do título, pola maña a semifinal fronte a Malpica e pola tarde o terceiro e cuarto posto ou a final. Moita emoción unha semana máis.



VENRES 19 DE MAIO LIGA INTERCONCELLOS P.M O VISO E DE STA. MARÍA(ARZÚA)

16:30 EDA ARZÚA - CCD CURTIS CADETE

17:15 EDA ARZÚA - EDM CURTIS BIBERÓN(CURTIS)

18:00 EDA ARZÚA - EDM PREBENXAMÍN

18:45 EDA ARZÚA - EDM CURTIS BENXAMÍN

19:15 EDA ARZÚA - EDM CURTIS INFANTIL



SÁBADO 20 DE MAIO LUCAS VÁZQUEZ(CURTIS)

11:00 EDM CURTIS INFANTIL F11 - SP. CAMBRE B



SÁBADO 20 DE MAIO P.M. SERRA DE OUTES CAMPIONATO PROVINCIAL

11:00 EDM MELIDE - OUTES CF

12:15 EDM CURTIS ALEVÍN - EDM MALPICA

15:30 3º E 4º POSTO

16:40 FINAL


lunes, 15 de mayo de 2017

CAMPIÓNS E SUBCAMPIÓNS DA COPA BENXAMÍN

Día de festa para os dous equipos Benxamíns das EDM, xa que ambos disputaron a final da copa celebrada este fin de semana en Irixoa e Monfero. Unha maña na que o resultado da final era o de menos.

Para chegar á final o Benxamín A venceu ó Troula por un contudente 5-0, despois tocoulle sufrir un duro partido para derrotar a un gran miño por 5-3 e finalmetne acabou goleando por 8-1 a Oza-Cesuras.

Por outra banda, no pavillón de Irixoa, o Benxamín B, un equipo reforzado con dous  pre-benxamíns,  pelexou para gañarlle a Sobrado 3-1 e posteriormente o equipo local Irimón, 5-2.

A final foi unha festa para as EDM Curtis xa que enfrontaba ós dous equipos, A contra B. Un partido inicialmente moi igualado que o final se decantou 4-0 a favor do Benxamín A.

Felicitamos os dous equipos polo gran torneo realizado.

O benxamín A tamén se lle entregou o trofeo o gañador da Liga.