miércoles, 29 de junio de 2016

III CARREIRA POPULAR DE CURTIS

Este sábado, 2 de Xullo, dispútase a 3ª Carreira Popular de Curtis, no circuito urbano de esta vila. Ademáis a proba de 5000 metros será o Campionato Galego de esta modalidade. Todavía estades a tempo de anotarvos.


miércoles, 15 de junio de 2016

ULTIMOS DÍAS PARA ANOTARSE Ó III CAMPUS MULTIDEPORTE

Achégase una nova edición do campamento multideporte que organizan as escolas municipais do concello. Este ano, ademáis das actividades de sempre, contaremos con excursións (zoo ou similar)para os máis pequenos y novas experiencias deportivas para os máis maiores como surf e kayak ou parque multiaventura, ademáis substituiremos os adestramentos  de fútbol por competición e engadiremos novas probas deportivas.




viernes, 10 de junio de 2016

4 EQUIPOS NO TORNEO ORDES F8

Fin de semana con moitos partidos, unha vez rematado o futsal, participaremos no Torneo de Base Fútbol 8 que organiza a SCD Órdenes, Desprazando ata alí a catro das nosasa categorías. O sábado xogarán os prebenxamíns e os alevins e o domingo faranno os benxamíns e os biberóns, que terán a sua primeira experiencia nun torneo de fútbol campo.A continuación colgmos o cuadrante completo coas horas e os días de todolos partidos.


martes, 7 de junio de 2016

4 FINALISTAS E DOUS CAMPIÓNS

Broche final á tempada de futsal das escolas municipais, chegabamos á fase final da Liga Interconcellos cos 4 equipos clasificados para semifinais e a verdade é que non o puideron facer mellor, os 4 clasificados para as diferentes finais. A gran sorpresa do fin de semana derona os prebenxamíns, que derrotaron en semifinais o gran favorito, Melide A, por un axustado 3-2 e gañaron a final, con relativa facilidade, ó equipo de Jogafán Ordes por 9-4. Primeiro título para esta xeración do 2008.
 Os benxamíns, con importantes baixas,acadaron o subcampionato logo de vencer a Jogafán Ordes nas semifinais por 12-6 e perder a final fronte o EDA Arzúa por 0-2, brillante tempada a de este equipo que se alzou con 5 dos 6 títulos posibles.
  O domingo foi o turno para as categorías alevín e infantil, incrible o dos alevíns, perderon a semifinal de Copa de fútbol o sábado a penaltis fronte o Arteixo e perderon a final da Interconcellos, tamen a penaltis fronte a Melide A, despois de remontar por tres veces e acabar 4-4. Na semifinal se desfixeron do EDA Arzúa por 2-1.
  Os últimos en xogar foron os infantís que retornaban a sala logo dunha espectacular tempada en futbol campo, onde gañaron a liga e lograron o ascenso vencendo na Promocion. Aquí, enfrontaronse a Boimorto en semifinais gañando por un cómodo 10-0 e lograron o título impoñendose na final a Melide por 5-3.

NORABOA A TODOS








lunes, 6 de junio de 2016

NORABOA CAMPIÓNS

Dende o blog das escolas deportivas municipais queremos felicitar o Teixeiro polo éxito colleitado e sobre todo pola ilusión que durante estes últimos días conseguiron que todo un pobo tivese. Esperamos que esto só sexa o principio dunha longa lista de triunfos e que o ano que ven logremos o ascenso de categoría, cunha afeción así todo é posible...










viernes, 3 de junio de 2016

Entrevista en "V" Televisión

O pasado día 1 de Xuño, Ángel e Pablo foron entrevistados en directo, no programa "Mais que contar"  de  V Televisión con respecto a Lucas Vázquez,

Aquí vos deixamos o enlace para que lle botedes un vistazo.



FASE FINAL COPA ALEVIN E INTERCONCELLOS

Último sábado de competición oficial para as escolas deportivas. Os alevíns disputan a fase final da Copa Andrés Pena en Sada, xogando a semifinal fronte o combinado do Arteixo C, o gañador disputará a final a partir das 12 fronte o gañador da outra semifinal entre Ordes B e Dorneda.



Na fase final Interconcellos xogaremos as semifinais coas catro categorias, duas o sábado e duas o domingo. Os gañadores disputarán as finais pola tarde.



jueves, 2 de junio de 2016

Gran exhibición para rematar o curso das escolas de Ximnasia Artística e Patinaxe



Chegou o día... as actividades rematan para dar paso as vacacións de verán pero antes de iso,  os nen@s esperaban o seu  gran día, ese día no que realizarían a  gran exhibición. 







Ese día foi onte...... Chegaban con moitos nervios que desaparecían no momento que comezaba a súa actuación ante un pavillón ateigado de xente.




Despois de dez coreografías e unha hora de actuacións remataba o día.

Felicitar a tódolos nen@s pola súa gran actuación e polo seu bo comportamento tanto onte, como o resto do curso.

E desexarlles un bo verán a tod@s!!!!!












Nos próximos días cando teñamos mais fotos iremolas engadindo.

CUADRO COMPLETO FASE FINAL INTERCONCELLOS