martes, 7 de junio de 2016

4 FINALISTAS E DOUS CAMPIÓNS

Broche final á tempada de futsal das escolas municipais, chegabamos á fase final da Liga Interconcellos cos 4 equipos clasificados para semifinais e a verdade é que non o puideron facer mellor, os 4 clasificados para as diferentes finais. A gran sorpresa do fin de semana derona os prebenxamíns, que derrotaron en semifinais o gran favorito, Melide A, por un axustado 3-2 e gañaron a final, con relativa facilidade, ó equipo de Jogafán Ordes por 9-4. Primeiro título para esta xeración do 2008.
 Os benxamíns, con importantes baixas,acadaron o subcampionato logo de vencer a Jogafán Ordes nas semifinais por 12-6 e perder a final fronte o EDA Arzúa por 0-2, brillante tempada a de este equipo que se alzou con 5 dos 6 títulos posibles.
  O domingo foi o turno para as categorías alevín e infantil, incrible o dos alevíns, perderon a semifinal de Copa de fútbol o sábado a penaltis fronte o Arteixo e perderon a final da Interconcellos, tamen a penaltis fronte a Melide A, despois de remontar por tres veces e acabar 4-4. Na semifinal se desfixeron do EDA Arzúa por 2-1.
  Os últimos en xogar foron os infantís que retornaban a sala logo dunha espectacular tempada en futbol campo, onde gañaron a liga e lograron o ascenso vencendo na Promocion. Aquí, enfrontaronse a Boimorto en semifinais gañando por un cómodo 10-0 e lograron o título impoñendose na final a Melide por 5-3.

NORABOA A TODOS








No hay comentarios:

Publicar un comentario