martes, 5 de julio de 2016

SEGUNDO DÍA EN BENIDORM

 Segundo día en Benidorm e unha nova xornada cargada de de eventos, con só sete horas de sono en dous días madrugamos par comzear a competición, primeiro partido para todalas categorías e non foron ben as cousas neste primeiro día nos partidos, entre o cansancio, a calor e os rivales, selección de Madrid en dous enfrontamentos e Cuidad deBenidorm, colleitamos tres derrotas que non empañan para nada a increible experiencia que tería o seu punto alxido pola noite....






Pola tarde tocou unha breve siesta e tempo de lecer, uns optaron pola piscina outros polos xogos do hotel....




O momento culminante do día produciuse pola noite coa ceremonia inaugural e o desfile previo polas calles de Benidorm, 4800 xogadore,s cos seus respectivos adestradores, partimos da praia de Levante e percorremos as ateigadas rúas da vila para chegar a un anfiteatro onde se produciu a ceremonia de inauguracion con un espectacular xogo de luces e de fogos de artificio. Pero sen dubida o máis emotivo para @s nos@s nen@s foi o percorrido polas rúas portando as enseñas galegas o son da Rianxeira, mentres dende os balcóns a xente rociaba con auga os equipos que ían pasando...








No hay comentarios:

Publicar un comentario