martes, 25 de octubre de 2016

UNHA DERROTA E UN EMPATE

Non foi moi productivo o fin de semana en canto a resultados para os equipos das escolas, o Infantil acadou un punto na súa visita ó campo do Obrero, 1-1, logo de adiantarse no marcador cun gol de Asier. Non é un mal resultado e suman tres partidos consecutivos sen perder.

Os Alevins colleitaron a primeira derrota do curso no campo do San Tirso, 2-1, nun partido moi disputado e no que non mereceron a derrota pero como di Luis Cesar, adestrador do Lugo, no fútbol, e máis nestas idades, nunca se perde, ou se gaña ou se aprende, e desta volta tocou aprender.


No hay comentarios:

Publicar un comentario