lunes, 20 de marzo de 2017

DÚAS VICTORIAS E DÚAS DERROTAS ESTE FIN DE SEMANA.

Este fin de semana dispútaronse catro partidos que se saldaron con dúas victorias e dúas derrotas para as EDM.

Por unha banda o Benxamín A,  en fútbol sala gañou por 6-1 ao Troula, resultado que o deixa moi preto de poder gañar o campionato.
O equipo infantil tamén logrou vencer a domicilio, ó Visantoña, por un 2-3 final, nun bo partido dos nosos que conseguiron poñerse 0-3 con dous goles de Adri e un de Anxo.

Por contra, o equipo que acostuma a darnos mais alegrías non tivo o seu mellor fin de semana  e saiu derrotado por primeira vez nas dúas competicións que participa. 
Primeiro, caeu en fútbol 8 contra o líder da clasificación , o Betanzos (1-3), nun partido moi igualado que se decidíu por pequenos detalles. Posteriormente tamén se lle escapou o partido de fútbol sala, nun partido no que foron superiores pero que a falta de acerto de cara a gol local e o acerto rival lle deu a victoria ó troula por un 2-3.
Gran temporada a que están facendo  estes nenos.






No hay comentarios:

Publicar un comentario