miércoles, 7 de junio de 2017

CAMPAMENTOS URBANOS 2017





CONTARÁ CON ACTIVIDADES DIRIXIDAS A CADA GRUPO DE IDADE, EXCURSIÓNS E ACTUACIÓNS.


Os nenos participantes nos Campamentos Urbanos organizados polo Concello de Curtis para facilitar a conciliación familiar durante os meses de xullo e agosto volverán gozar este ano de numerosas actividades lúdico deportivas que, nesta ocasión, teñen unha formulación temática: superheroes, piratas, oeste e medieval.
Os campamentos organizaranse de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas, excepto os festivos, nas instalacións do CEIP de Teixeiro e no Centro de Lecer Infantil.
Para poder participar neles, a idade mínima é a dos nenos e nenas nados en 2013. As actividades incluídas serán atletismo, fútbol, fútbol sala, balonmán, voleibol, padel, bádminton e deportes acuáticos, así como xogos de mesa e de expresión, talleres, manualidades, disfraces e excursións.

A distribución horaria  será a seguinte:


09:00 -10:15
TALLERES /MANUALIDADES
10:15 -11:30
GRANDES XOGOS
11:30 -11:45
TENTEMPÉ
11:45-13.15
XOGOS DEPORTIVOS
13:15-14:00
XOGOS DE EXPRESIÓN



As datas a elixir son:
  • 3 ao 14 de xullo: temática Superheroes
  • 17 ao 28 de xullo: temática Pirata
  • 31 de xullo ao 11 de agosto: temática Oeste
  • 14 ao 31 de agosto: temática Medieval.
A inscrición, para a primeira quenda, deberá realizarse antes do 15 de xuño (este día incluído) ben na Casa do Concello de Teixeiro ou nas oficinas municipais de Curtis. O obxectivo desta inscricion é coñecer o número de participantes, pero no caso de non ter claras as datas nas que participar agora se poderán anotar noutras quendas de xullo e agosto. É dicir, en cada quincena darase un prazo para inscribirse na quenda seguinte.
O prezo por quincena será de 25 euros o primeiro fillo e de 15 euros a partir do segundo.




No hay comentarios:

Publicar un comentario