Santiago
Férnandez Linares, “GUTI”.
ALTURA: 1,71
PESO: 105-110
kg
IDADE: 34
anos.
- Meritos deportivos:
2007
Categoría
principiante.
-
Campión de Galicia classic bodybuilding
-
Subcampión Open nacional Iron Baby. cat classic bodybuilding
2008
-
Subcampión de Galicia culturismo senior 80 kg
-
Bronce Campeonato Norte de España culturismo 80 kg
2010
-
Campión Open Musclepower culturismo San Sebastian
-
Campión Norte de España culturismo 90 kg
-
Campión absoluto Norte de España culturismo e premio mellor
posador
-
Campión Copa de España de culturismo 85 kg
2012
-
1- 4 clasificado arnold classic amateur culturismo -90kg
2014
-
Campión Campeonato de España Press de banca open -110kg
(récord nacional 200kg)
2015
-
Campión I Campeonato de España de Powerlifting. cat press de banca
open-110kg (record nacional 205 kg)
-
Subcampión Campionato do mundo powerlifting Portugal , cat peso
morto open-110kg.
ENTREVISTA:
"O primeiro que me veu a cabeza foi que estaba representando a un país enteiro e que levaba un subcampionato para casa"
- "Non coñezo ningún outro deporte que teña competiciòns con categoría de ata 80 anos"
1.- A
primeira pregunta case é obrigada , ¿Cómo se leva iso de ser
subcampión do mundo?
Pois a
verdade que moi contento, foi unha preparación durísima, contento
por acabala enteiro e sobre todo por acadar unha recompensa que xa
queda ahí para sempre…
2.- ¿Qué
pasa pola cabeza dun deportista cando se sube a un podio mundialista?
A verdade
que che podo dar unha resposta moi sincera, xa que nin no mellor dos
meus soños imaxinaba estar no podio dun campionato do mundo, así
que nunca me plantexei como sería.
O primeiro
que me veu a cabeza foi, que estaba representando a un país enteiro
e que levaba un subcampionato para casa…
Anteriormente
cando gañaba algún campionato víñaseme a cabeza a dureza do
adestramento pero desta vez non foi así e non sei por qué iso foi o
que se me veu a cabeza.
3.-Cóntanos
brevemente en, ¿qué consisten estas probas deportivas nas que
competiches?
O
Powerlifting é un deporte forza no que realizan 3
probas ou exercicios básicos que son: a Sentadilla, o Press
de Banca e o Peso Morto.
Consiste en
levantar o máximo peso posible nunha soa repetición, é dicir un
esforzo máximo para cada participante que conta con tres intentos.
O
100% de intensidade que se pode aplicar a unha serie, ó final sumase
ó peso do mellor levantamento en cada exercicio, pero tamén se
compite por exercicios xa que hai moita xente especialista nun en
concreto.
Fronte
a outros deportes de levantamento de peso aquí prima a forza por
enriba todo, xa que son levantamientos básicos que no requiren
moitisima técnica, ainda que ten mais técnica do que en principio
parece…
- ¿Cales son as principais diferenzas dunha competición normal a competir nun mundial?
Deixando a
un lado a preparación que foi moito mais dura, a verdade é que un
mundial é algo increíble, as instalacións, unha zona de
quencemento espectacular con máquinas que en España casi nin se
ven, o ambiente indescriptible,só o luns
éramos 400 competidores e a competición foi unha semana enteira.
Había seleccións de todo o mundo sendo Kazajistan a mais numerosa e
a que mais éxitos tivo.
Na miña
categoría tiña xente de Estados Unidos, Bulgaria , Rusia, os
citados Kazajos, Portugal, Francia… increíble, xa cando ves as
listas dis un tío non ven desde o outro lado do mundo para facer
turismo…
pero como digo eu os kilos pesan igual aquí que en China
ou New York, e os galegos tamén somos moi fortes, se ata os vikingos
chegaron aquí e tiveron que dar a volta jajaj.
Bromas a
parte creo que o importante, a mensaxe que quero dar a calquera
deportista que este comezando e lea isto é, que sempre pensamos que
o mellor está fora, que un campión do mundo virá de New York
porque alí terá sabe dios que instalacións que parecen a nasa,
pero a realidade é que son coma nós, xente normal que entrena duro
e intenta ser o mellor, non hai nada que nos limite a ser os
mellores, ou polo menos intentalo, vivindo no concello de Curtís
tiven todo o necesario para prepararme para un campeonato do mundo e
traer o
segundo
posto, así que nadie se poña limitacións, debes facer todo o que
esté na túa man e o que teña que vir virá.
5.- 6 ¿Cales
foron os teus inicios como deportista (artes marciais)?
¿Cómo
che xurdiu a idea de comezar esta modalidade, “Culturismo” tan
pouco coñecida por aquel entonces?
Bueno a
maioría dos que lean isto xa me coñecerán, desde sempre me chamou
moitísimo a atención a xente forte, os físicos musculados e todo o
que tivera que ver con cousas así. Medrei xogando con un “he-man”
e dende pequeno sabía que eu iba a ser así de maior.
Tiña pesas
na casa dende os 14 anos ou pouco mais, aínda que, a primeira vez
que me apuntei nun ximansio foi para ir a clases de kickboxing. Foi
cando comencei a facer pesas mais en serio, daquela tiña que
desprazarme a Betanzos ou Coruña non era como agora que o temos todo
aquí, os deportes de contacto son a outra paixón que
teño, pero por traballo tiven que deixalo e centreime nas pesas.
Pensei en
competir por primeria vez en culturismo, non se me deu mal, gañei o
campionato galego e a partir de ahí continuei bastante en serio,
sempre respondín moi ben a entrenos de forza e sempre me gustaron
moito, saquei moito partido a ese tipo de entrenos no cultursimo xa
que despois podia facer outros entrenos mais específicos con mais
peso que os demais e fun mellorando moito ano tras ano.
En 2011
coñecín a un tío que colgaba vídeos con unhos pesos inimaxinables
para o resto de mortais, Daniel Martinez, que é, hoxe por hoxe, a
maior estrella do Powerlifting en España, no pasado mundial logrou
5 récords do mundo creo recordar.. despraceime a Madrid para
coñecelo e de feito a primeira exhibición que fixo Dani foi no noso
pobo, a xaula de sentadilla bautizouna el jjjaja!
Él, que
tamén era culturista, comenzou a competir en probas de forza como
“Strongman” e Culturismo, e foi un pouco o que me animou a probar
a competir en “Power” xa que eu tiña unha moi boa marca en press
de banca.
No primerio
campeonato o que asistín, fixen o récord de España no primeiro
intento. foi así como comecei a tomalo mais en serio, mellorar
técnica e realizar un entreno mais específico.
Este ano
organizábase o mundial en Portugal, era unha boa ocasión de vivir
algo así, o europeo era en Letonia, quedaba un poco lonxe, aquí non
hai axudas, costeamonos todo nos, pero Portugal quedaba cerca, por
que non probar? e mira como acabamos…
7- ¿Cómo
é a rutina de entreno ?
Recordo que
sempre fixen culturismo aínda que incluía entrenos de forza, para o
powerlifting fun totalmente autodidacta, por sorte a miña formación
permitiume poder elaborar un plan, xa que en Galicia non había
ninguen que se dedicara a isto, e aínda que sinceramente sei que me
pasei i entrenei habitualmente máis duro do que debía, e que podia
chegar mais forte a este campeonato, pero para a primeira vez non me
poido queixar!
Combinaba os
entrenos de culturismo con dous días de power, principalmente nos
que tiña compañeiro de entreno, aínda que teño que dicir que,
sempre tiven todo o apoio posible, tanto os rapaces dos ximnasios
municipais como os rapaces que eu preparo de fora, sempre que
necesitei axuda para algún entreno tiven a alguén disposto a
axudar, moitas veces vindo só para iso. A verdade que isto foi así
desde que me levo preparando para competir no que sexa, a xente
siempre se volcou conmigo axudandome, como si tiñan que vir a axudar
ou acompañarme.
Facendo
cardio para que fora mais levadeiro etc… teño sorte porque sempre
tiven todo o apoio que necesitei e mais! sempre digo que no meu caso
é un deporte de equipo, eu son o que sube ahi pero todos compiten
conmigo porque tamen se prepararon conmigo.
8.- O
culturismo goza de mala fama na opinión pública polo extremo que
pode chegar a ser, ¿Cómo explicarías que o “culturismo” pode
se un deporte tan saudable como calquer outro ?
Resumo
rápido, a parte do Culturismo e Do Power, non coñezo ningún outro
deporte que teña competiciòns con categoría de ata 80 anos… A
verdade é que na nosa a sociedade os medios só dan cobertura ó
fútbol, e os outros deportes encima de deixalos de lado solo se lles
acordan para “botar lama” enriba (con perdón). Antes o ciclismo, agora, últimamente o atletismo… se sal nos medios de comunicación
outro deporte que non sexa fútbol sempre será para algo malo,
acórdanse do boxeo se alguén sae mancado, do ciclismo ou atletismo
se sae algún positivo etc… Xamais oirás falar do powerlifting en
tv, pero, por contra, este ano saiu en todos os noticieiros a imaxe
dun rapaz que rompe os tendóns das rodillas durante unha
competición, da igual cantos campeonatos se fixeron ou cantos éxitos
tiveramos no mundial, de eso non sae nin unha palabra, pero ese
accidente en tódolos canais… creo que é bastante claro o ejemplo
de sensacionalismo non?
Se falamos
de culturismo sempre se nos colgaron etiquetas ou mitos, vouche
desmontar unha rápido: seguro que oiches alguna vez os culturistas
non teñen forza, solo están inflados, ben,eu son culturista e acabo
de quedar subcampión do mundo nun deporte de forza… pois así 1000
mais. Mentres desde fora se nos da esa imaxe, pouco podemos facer
mais que intentar explicar a xente en que consiste esto, como se vive
desde dentro e pouco mais.
A min, xa
non me afecta, antes si que discutía cando oía algunha parvada,
pero xa nin perdo o tempo a verdade.
1 9.- E xa para finalizar preguntarche ¿cal será o teu próximo
reto?
A nivel de competición de momento recuperarme de dores que teño en casi tódalas artucilacións do corpo… non, en serio necesito 2 meses de afloxar física e psicolóxicamente, por sorte veñen as fechas perfectas! disfrutar da miña xente e familia que durante as preparacións deixanse un pouco de lado, ainda que xa me coñecen e nadie se extraña se Guti non puido vir porque ten que entrenar ou cousas así… pero toca compensar un pouco todo este tempo que non puiden estar tanto como quixera. A parte como decía antes estos deportes sen ningún tipo de axuda, todo corre da nosa conta, e a estos niveis últimamente
calquera competición precisa 4-5 meses de moita dedicación, preparación moi moi duras así que ten que ser algo que me motive, algún reto que me resulte chamativo polo que sea, pero bueno coñecéndome seguro que algo se me vai meter na cabeza…
Estou
traballando para facer o “I campionato galego de powerlifting”
que será no noso concello, que pouco a pouco se esta a converter na
capital galega do deporte, xa estamos a colaborar con seleccions
galegas de futbol sala, halterofilia, boxeo, agora será o
powerlifting e seguro que mais cousas se farán.
Así que
estade atentos porque en breve os mais fortes de Galicia estarán
competindo aquí e teremos moita e boa representacion de deportistas
do concello.
Moitísimas
Grazas a Guti por esta entrevista e dende as escolas felicitámolo por este gran palmarés deportivo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario