miércoles, 30 de diciembre de 2015

UN CAMPIÓN E DOUS FINALISTAS NO CIDADE DE LUGO

Un ano mais, e xa van 14, as escolas deportivas do concello acudiron o Torneo de Nadal que organiza o Prone Lugo, o mais prestixoso a nivel nacional. Na primeira fase xogan equipos de Galicia e na segunda veñen as mellores escolas de España.

Por primeira vez nas 14 edicions un mesmo clube accede ás tres finais o que lle da un valor engadido ó magnifico torneo que fixeron os nosos nenos.



Os infantís, que levan tres finais consecutivas, non poideron repetir o exito de fai dous anos e perderon a final por un axustado 2-1 fronte o Rio Cabe de Monforte, nun partido moi igualado e que se decidiu nos minutos finais e que puido caer para calquera dos lados. Anteriormente venceran a Guitiriz nas semifinais por 5-1 e o Prone Sarria na primeira fase por 10-0 e tamen a Guitiriz por 4-3.



Increible o torneo que fixeron os alevíns que quedaron subcampions logo de perder na tanda de penaltis fronte o Maristas Lugo, gran favorito e que leva 4 anos gañando o torneo. Primeira parte impecable que rematou cun 3-1 a favor e que igualaron os lucenses a pouco mais de un minuto para rematar. Antes de iso derrotaron a Naron o Freixo en semifinais por 4-2 e a Begonte por 10-2, Luis Pimentel 6-1 e C.D. Lugo 3-0 na fase de grupos.


Deixamos para o final ós Benxamins, tiñan unha fase de grupos moi complicada contra equipos moi parexos, comezaron gañando 4-0 o Lugo Sala, antigo Azkar Lugo, logo derrotaban por primeira vez o Guitiriz 4-1, e no útimo partido ó C.P Casas por 4-2. O partido mais complicado foi o de semifinais fronte a Maristas, victoria por 4-2 no mellor partido do torneo. A final foi moito mais doada, 9-0 a ED Vilalba cun partido impecable de todo o equipo pero con un Ivan estelar que puxo en pe ó pavillón cun gol de xenio.





NORABOA A TODOS!!!!!

3 comentarios:

  1. Magnífic@s tod@s @s membr@s participantes no torneo...froito dun traballo e dunha actitude moi positivo en todos os aspectos. Noraboa a todo o mundo

    ResponderEliminar
  2. Moitas felicidades a todos!!! Unha pena os infatiles e alevines, porque tamen eran grandes campeons.
    Moitas gracias entrenadores, co ben que organizades todo e o pendente que estades dos nosos fillos.
    Moi bo o comentarista, en poucas palabras plasmou o bo torneo que fixeron os nosos equipos.
    A seguir asi!!!!

    ResponderEliminar
  3. Mis felicitaciones por un magnífico campeonato a todas las categorías. Enhorabuena a los benjamines por la victoria y suerte para la segunda fase. Mucho ánimo a alevines e infantiles, que de estas cosas también se aprende. Lo importante es mantener el grupo y la ilusión. El año próximo más y mejor. Agradecer también la labor de los entrenadores, ya que sin ellos no sería posible que nuestros hijos disfruten de jugar al fútbol en infinidad de lugares y torneos. Que no decaiga!!

    ResponderEliminar