martes, 5 de abril de 2016

OS INFANTÍS CAMPIÓNS DE LIGA

A falta de 3 xornadas para o remate, e sen perder un só partido, os infantís proclamanse campión de liga  na 2ª Autonómica grupo 3º, esto significa que xogarán a promoción de ascenso a 1ª cos campións dos outros tres grupos.


Chegaba a Curtis o At. Arteixo, equipo que levaba dende Nadal sen perder un partido, pero que nada poido facer ante a saida en tromba do Curtis que xa gañaba por 3-0 ós 7 minutos. O resultado final foi 11-0 e tres puntos mais que daban o título de maneira matemática.



Ningun dos nenos se quixo perder o partido, os 19 cmpoñenetes da plantilla estiveron presentes ainda que soamente 16 podian xogar. Esta foi unha das grandes bases do éxito, a unidade de todo este grupo e a participación activa de todos os nenos. Mencion especial para os pais e nais que acompañaron ó equipo a todolos desprazamentos  e partidos en casa,cun comportamento exquisito, e o fácil que nolo poñen ós adestradores ainda cando temos que tomar decisión complicadas.


NORABOA A TODOS!!!!!

1 comentario:

  1. Moitas gracias a vos!!!!
    Da gusto ver xogar a estos nenos, desde o primeiro o ultimo, ese e traballo voso

    ResponderEliminar