viernes, 4 de noviembre de 2016

COMEZAN AS LIGAS DE FUTSAL

Despois do exitoso fin de semana pasado, onde acadamos tres victorias en outros tantos partidos, mañá sábado temos un intenso día con 6 partidos. Abrirán o telón os Benxamíns de Curtis, este ano como tiñamos 18 nenos decidimos facer un equipo de cada lado porque así adestran xuntos, que xogarán en Irixoa ás 9:45 da mañá, a continuación seguimos ruta e desprazamonos ata Miño para xogar tres partidos fronte o equipo locatario. 11:00 Alevín, 11:45 Benxamin Teixeiro, 12:30 Prebenxamin, esto polo que respecta ós equipos de futsal que fan o seu debú na competición de liga comarcal.






Pola tarde será o turno para os equipos de fútbol campo, ás 16:00, no campo Novo de Curtis xogarán os Alevins fronte ó At. San Pedro B, tentando manter o segundo posto ante un rival da zona alta da taboa. Ás 18:00 xogan os infantis no campo da Porta Santa en Paiosaco, logo de catro partidos sen perder xogarán na procura de tres puntos que os aupe un pouco máis na clasificación.




No hay comentarios:

Publicar un comentario