lunes, 14 de noviembre de 2016

TRES VICTORIAS E UNHA DERROTA NOS PARTIDOS DE ESTE FIN DE SEMANA

Novo fin de semana cheo de partidos que remataron con bo sabor de boca. De catro partidos disputados, dous de fútbol campo e dous de futsal obtiveron 3 victorias e só unha derrota.

Arrancaba a chuviosa xornada o equipo infantil ás 10:00 da maña no campo novo de Curtis contra o  Portazgo. Un partido que se presentaba complicado por contar só con 12 xogadores hábiles. O equipo saltou o campo moi concentrado en defensa e  dende moi cedo se lle puxeron as cousas de cara, gracias a un tanto de Adri. A partir dese momento, o partido foi totalmente do Curtis finalizando 7-0 con goles de David, Dani, Anxo e Pedro. Destacar o debút como xogador de Pedro, porteiro titular, que o fixo ademais marcando o derradeiro gol.

As 10:30 en Ordes xogaba o alevín, que nun partido marcado pola diferencia física e o xogo trabado conseguiron gañar por 0-6 con dous goles  Iván , Xabi e un por parte de  Dani e Xoel. Esta victoria e a derrota do seu máximo rival deixaos líderes da categoría.


A partir das 12:00 chegaba o momento do futsal para os equipos benxamíns.


 En primeiro lugar xogou o benxamín b que perdeu 1-7 contra Miño. E acto seguido xogou o Benxamín A  contra Oza - Cesuras, nun moi bo partido dos nosos nen@s que gañaron 10-1.

No hay comentarios:

Publicar un comentario