jueves, 9 de febrero de 2017

"GALICIA EN GOLES" ESTE SÁBADO DENDE CURTIS

O programa capianeado por Xoan Galán desprazase ata Curtis, ó  salón de actos do recinto feiral, para emitir integramente o seu programa deportivo, "Galicia en goles". Nel seguirase a xornada deportiva do sábado 11 de Febreiro facendo especial fincapé no partido de Ath. Bilbao - Deportivo, das 18:30h., e do Osasuna - Real Madrid das 20:45h. Todas aquelas persoas que se queiran achegar para seguir a xornada en directo poderano facer a a prtires das 16:00h. e poderán gañar balóns e camisolas do Real Madrid, asinadas por Lucas Vázquez e vales para comer e cear en locais de hostelería do municipio.





No hay comentarios:

Publicar un comentario