lunes, 6 de febrero de 2017

BO FIN DE SEMANA PARA AS EDM CURTIS.

Comezaba un fin de semana cheo de partidos de fútsal e fútbol.

En fútbol sala, unha de cal e unha de area para os nosos benxamíns. Mentres o Benxamín A sudou  para vencer ao Oza dos Ríos por un axustado marcador,  4-5 con gol de Teo nos últimos segundos do partido. O Benxamín B perdeu por un amplio 16-2 no seu desplazamento a Miño.

En canto a fútbol campo o equipo alevín segue coa súa senda de victorias. Nova victoria a  domicilio, fronte a Unión Campestre por un amplio marcador, 2-8 que os pon de líderes no grupo un da copa Andrés Pena.

A sorpresa saltou o domingo no campo de Curtis a cargo do equipo infantil, nun gran partido dos nosos xogadores, conseguiron derrotar ó líder da categoría, o Laracha,  por un claro 3-1. Os goles foron a cargo de Adri por partida doble e un de David, aínda que debemos destacar o bo partido de tódo o grupo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario