miércoles, 31 de mayo de 2017

OS PATÍNS TOMARON AS RÚAS

Chega o verán e con el o final das actividades.

Onte era o día da clausura da escola de Patinaxe e Ximnasia Artística e decidimos tomar as rúas de Teixeiro sobre os patíns.




Despois dun gran ano marcado polo elevado número de participantes na escola e as divertidas galas sobre patíns, esta xornada tratábase dunha tarde totalmente lúdica na que o patín  e a convivencia fosen os protagonistas.

As 16:30  salíamos dende o pavillón de Teixeiro realizando unha ruta polas rúas do pobo en patíns que finalizaba na praza donde nos esperaba un circuito xigante antes de dar paso ao circuito de carreiras por idade que levantou a expectación de tódolos asistentes e levantou os aplausos.
Para finalizar houbo duas breves exhibicións  de patinaxe e ximansia.


A continuación deixamosvos unha galería de fotos da tarde de onte.

Para o próximo curso mais e mellor!!!! Esperámosvos!!!






















FELICITAR TÓDOL@S NEN@S E PAIS/NAIS POR ESTE GRAN ANO DE PATINAXE

No hay comentarios:

Publicar un comentario