lunes, 15 de mayo de 2017

CAMPIÓNS E SUBCAMPIÓNS DA COPA BENXAMÍN

Día de festa para os dous equipos Benxamíns das EDM, xa que ambos disputaron a final da copa celebrada este fin de semana en Irixoa e Monfero. Unha maña na que o resultado da final era o de menos.

Para chegar á final o Benxamín A venceu ó Troula por un contudente 5-0, despois tocoulle sufrir un duro partido para derrotar a un gran miño por 5-3 e finalmetne acabou goleando por 8-1 a Oza-Cesuras.

Por outra banda, no pavillón de Irixoa, o Benxamín B, un equipo reforzado con dous  pre-benxamíns,  pelexou para gañarlle a Sobrado 3-1 e posteriormente o equipo local Irimón, 5-2.

A final foi unha festa para as EDM Curtis xa que enfrontaba ós dous equipos, A contra B. Un partido inicialmente moi igualado que o final se decantou 4-0 a favor do Benxamín A.

Felicitamos os dous equipos polo gran torneo realizado.

O benxamín A tamén se lle entregou o trofeo o gañador da Liga.























No hay comentarios:

Publicar un comentario