martes, 22 de marzo de 2016

ALEVINS LÍDERES E INFANTÍS A UN PUNTO DE SER CAMPIÓNS

Nova xornada de exíto para @s nen@s das escolas municipais, en fútbol 8, os alevíns, situanse líderes tra vencer 3-0 ó Paiosaco e encadenan 4 victorias consecutivas. A próxima xornada viaxarán a Carballo para enfrontarse o Luis Calvo.

Os infantís, de fútbol 11, venceron, na tarde onte , ó Betanzos por 6-4 logo de remontar un 0-3 nun moi mal inicio de partido. Con este triunfo teñen 11 puntos de vantaxe sobre o segundo a falta de 12  por disputar polo que un empate no próxima xornada, dia 2 de Abril en Curtis fronte o At. Arteixo, darialles o titulo de liga matemáticamente e un posto para disputar o play off de ascenso a primeira.

En futsal onte disputouse en Curtis a segunda xornada da Liga Interconcellos, o rival foi o Concello de O    Pino. Os resultados foron os seguintes:

BIBERON 4 - O PINO 2
PREBENXAMÍN 3 - O PINO 2
ALEVÍN 10 - O PINO 0
INFANTIL 7 - O PINO 2

Por último o sábado disputouse en Betanzos a 14ª xornada da Liga comarcal de futsal cos seguintes marcadores:

STO. DOMINGO B 1 - BENXAMÍN A 19

STO.DOMINGO A 5 - BENXAMÍN B 3

TROULA 2 - BENXAMÍN A 9

Con este dous triunfos, o benxamín A, está a dúas victorias de proclamarse campión de Liga.

A continuación subiremos unhas poucas fotos que un pai dos nenos de Betanzos nos sacou o sábado e que tivo a defenrencia de facernolas chegar...






No hay comentarios:

Publicar un comentario