martes, 15 de marzo de 2016

OUTRA GRAN XORNADA PARA AS ECOLAS

8 partidos e unha única derrota, ese foi o balance de este último fin de semana para as ecolas municipais.
O venres daba comezo a Liga Interconcellos, en Teixeiro, fronte a Melide B, con derrota 2-3 dos Biberóns, e victorias dos prebenxamíns 19-1, benxamíns 16-1 e alevíns 19-0. Tamen en futsal, pero xa o sábado, o Benxamín B gañou na súa saida a Irixoa por un contundente 1-12 e por último os alevíns venceron 3-5 en Betanzos o Sto. Domingo B.



En fútbol 8, os alevíns, continuan coa súa racha de victorias e sitúanse no segundo posto da clasificación a un só punto do primeiro. Venceron ó Portazgo por un axustado 2-4 nun partido disputado nun terreo de xogo impracticable.



Por último, os infantís de fútbol 11 acadarón un novo triunfo diante do Sp. Burgo por 6-2 nun mal partido pero que deixa os nosos a dous victorias de proclamarse campións de xeito matemático.

1 comentario: