martes, 25 de abril de 2017

CAMPIÓNS INTERCOMARCAIS

Novo éxito para as escolas deportivas municipais e novo título para os alevíns, esta vez no Campionato Intercomarcal que se xogou en As Pontes, enfronte O Esteo FS.
Domingo pola tarde,  municipal de A Fraga, moito público nas bacadas,  primeiro partido con victoria para os ponteses por 5-3 nun choque moi disputado que chegou con 1-1 ó descanso e que se decantou no inicio do segundo tempo con tres goles do Esteo, recortaría distancias o Curtis co tempo casi rematado. Marcaron para as EDM Xoel, en duas ocasións e Javi. 
No segundo partido, o dos alevíns, repetíase, a final do torneo Cidade de Lugo, mesmos contrincantes, e igual marcador, 2-1. Adiantabase o Esteo cara o final do primeiro tempo e remontba o Curtis no segundo cun maxistral gol de Dani, de falta dende medio campo, e outro de Iván, a pouco do remate. Minutos finais de moito acoso do Esteo pero o marcador xa non se movería, victoria e cuarto título da tempada para esta xeración que esta a batir todos os rexistros das EDM. A próxima cita o 20 de Maio en Noia no Campionato Provincial.







No hay comentarios:

Publicar un comentario