miércoles, 26 de abril de 2017

Diversión na gala de patinaxe

O pasado sábado a escola de patinaxe participou na 3ª Gala de patinaxe organizada polo concello de Frades.

O concello de cutis aportou 40 dos 150 patinadores que se deron cita no pavillón de Pontecarreira.




Nunha tarde marcada pola intensa calor e os nervos que sempre aparecen podemos decir que as nosas patinadores e patinadores finalizaron as súas actuacións cun gran aplauso de todo o público en recompensa do seu esforzo e a boa actuación.

O primeiro grupo con imaxe de "rockerillas" realizaron unha alegre e dinámica coreografía o son da canción "Sofía".

En segundo lugar o grupo de medianos moi ben maquillados bailou a canción "Eye of the Tiger".

Finalmente o grupo de maiores levaron unha canción moi movida e divertida que animou a todas as bancadas a participar con aplausos durante a súa actuación, "Que suenen los tambores."

Unha vez mais Felicitar o concello de Frades pola boa acollida e organización así como os nen@s e pais que fixeron da tarde do sábado outra divertida cita sobre patíns.



















































No hay comentarios:

Publicar un comentario