viernes, 26 de junio de 2015

ESPECTACULAR FIN DE CURSO DAS ESCOLAS DE FÚBOL E FUTSAL

Onte puxemos fin a tempada 2014/15 cun acto de clausura no que a nota predominante foi o bo ambiente e por suposto o fútbol.

Comezabamos ás 6 da tarde co partido entre os mais pequenos e o conxunto de Visantoña que se desplazou ata Curtis para sumarse á festa. Ainda que onte foi o de menos, o resultado foi de 5-1 para os nenos de Curtis.


Os seguintes en entrar en liza foron os alevíns, que nun igualado partido, perderon 2-1 contra os nenos de Visantoña.


A continuación disputouse o partido estelar da xornada, o que enfrontaba ós benxamín e a un combinado de nais de alumnos, unha desafotunada arbitraxe en contra das nais, que xogaron cunha menos todo o partido, fixo que ó final o resultado se decantase a favor dos benxamíns por un axustado 4-2.


O último partido foi entre os infantís e os pais e familiares de alumnos que rematou cun emate 1-1 e no que o mais destacado foi a arbitraxe do colexiado internacional Sergio Cuponero.


Decir tamen, que foi a posta de largo da nova concelleira de Deportes do Concello, Eva Lata, que estivo con nos durante toda a xornada e que fixo entrega dos trofeos.

Para rematar fixemos unha pequena desgustación gastronómica con tod@s os asistentes.


Dende aqui felicitar a tod@s por unha tarde maravillosa, especialmente as mamas que nos sorprenderon  a tod@s, e por unha tempada igualmente fantástica, con mais de 200 partidos, e o mellor de todo, cun ambiente espectacular tanto entre nenos como pais e adestradores.


 A continuación deixamosvos unha seleccion de fotos para que quede sempre presente este día....

                           MOITAS GRAZAS A TOD@S


















1 comentario: