lunes, 1 de junio de 2015

TORNEO F8 ORDES BENXAMÍN E ALEVÍN

   Este pasado sábado os equipos da EDM disputaron un torneo de fútbol na localidade de Ordes, evento, organizado de forma maxistral, pola S.D.Club Ordes.
   Sería un fin de semana mais de non ser porque supoñía o debut das categorías benxamín e alevin das escolas na modalidade de fútbol.
   O torneo constaba de 32 equipos, 16 por categoría, e xogouse nas instalacions de Vista Alegre contando nas gradas coa presencia de moito publico.


O equipo benxamín pasou como segundo na fase de grupos logo de perder 1-3 contra Arzúa, gañar 3-0 a Carral e empatar 1-1 con Ordes C. Nos cuartos de final perdemos 0-5 co Calasanz, rematando 0-0 a primeira parte.



Os alevín tiveron unha fase de grupos moi complicada con equipos de moito nivel, algún de eles campión da 1ª Autonomica, ainda asi competiron moi ben e lograron un empate contra o San Tirso 0-0, e duas derrotas, 0-8 contra Ordes A e 0-2 contra Dubra.



Felicitar dende aquí os nosos nenos e os numerosos pais, que se desplazaron a Ordes, polo seu comportamento e a organización por un día inolvidable para todos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario