lunes, 22 de junio de 2015

TORNEO FÚTBOL 7, MELIDE CUP

Fin de semá de moitísima calor e moitísimo fútbol para os nen@s das nosas escolas. Acudimos o Melide Cup onde a pesar de soportar un intenso calor os rapaces realizaron un bo torneo en tódalas categorías.




O torneo comezaba o sábado para as categorías alevín e infantil.
O equipo alevín  finalizou nun meritorio terceiro posto despois de realizar un magnifico torneo xogando francamente ben.

Por outro lado chegou o turno dos infantís, encadrado nun complicado grupo, enfrontouse o Cire Melide e o  Deportivo. Non puido ganar ningún dos dous enfrontamentos pero sí plantar cara e poñerllelo moi dífícil a ambos.


O domingo foi o turno dos mais pequenos correspondente a idade prebenxamín e benxamín.



Os prebenxamíns finalizaron o torneo en sexto lugar mentres os benxamíns remataron cuartos. Estes realizaron  un maravilloso torneo quedándose a porta de chegar a final logo dunha igualada semifinal contra o Arzúa.


Dende aquí felicitar a tódolos equipos pola súa gran actuación no torneo e a tódolos pais por aguantar a intenso calor e deixarvos algunha fotiña mais....POR ESTA TEMPADA REMATAMOS OS TORNEOS!!!





No hay comentarios:

Publicar un comentario