lunes, 8 de junio de 2015

RESUMO FASE FINAL INTERCONCELLOS


MALA SORTE PARA UNS, MAL DÍA PARA OUTROS


Este pasado fin de semana disputouse, na localidade de Touro, a fase final da Liga Interconcellos na que o concello de Curtis desprazaba a un equipo en cada categoría, logo de acadar a clasificación na liga regular.

As semifinais comezaron o sábado e os primeiros en xogar foron os benxamíns, que logo de ir gañando todo o partido, perderón ó final por un axustado 7-6 contra o combinado de Ordes.

Finalmente acadaron o 3º posto logo de gañar a Ordes por 10 a 2.



Os seguintes en saltar ó campo foron os prebenxamins que, o igual que os benxamíns, perderon a súa semifinal, contra Ordes, por 6 a 5 nun partido moi igualado. No  partido polo 3º e 4º  posto derrotaron a Arzúa por 5 a 3.


Finalmente chegou o turno dos alevíns que lograron ganar a semifinal contra o Melide por 4-2 sen embargo non tiveron a mesma sorte na final que acabaron  perdendo1-3 contra Arzúa.


O domingo foi o turno dos infantís, que non tiveron o seu día, rematando cuartos no torneo logo de perder a semifinal contra Melide na tanda de penaltis e no partido polo 3º e 4º posto  3-0 contra Touro.


O final de cada xornada procedeuse á  entrega de medallas a todos os participantes e un trofeo a cada equipo. Deixámosvos a continuación algunhas fotos da ceremonia de entrega.






1 comentario:

  1. Un fin de seman moi intenso, non acompañaron os resultados, pero eso non quita o enorme traballo que realizan os nosos entrenadores, para que os nosos fillos disfruten destas xornadas que recordaran con cariño toda a sua vida. Moitas gracias Angel e Lucia.

    ResponderEliminar