lunes, 13 de julio de 2015

CLAUSURA DA PRIMEIRA QUENDA DO CAMPUA

O venres foi o último día para os nen@s da primeira quenda do  IICampus de Fútbol e Multideporte que organiza o concello de Curtis. Como o resto dos días as actividades comezaban de maña no campo de fútbol, co xogo do balón pe-cabeza, partidiño e quendas de faltas e penaltis, logo comida e actividades de sobremesa coa copetición de chapas e do trivial de fútbol por equipos.


Logo, pola tarde fariamos o último gran xogo do campamento, A Caza do Tesouro, un xogo de pistas que fai a ledicia dos rapaces e que poñía punto e final as probas puntuables por equipos.


Ó final atoparon o tesouro e como nos podía ser de outra maneira repartirono entre todos.


Por último, reconto de marcadores i entrega de premios para os gañadores das probas individuais, para o camión por equipos e reparto de agasallos para todos, para o cal estiveron o alcalde, Javier Cainzos, e a concelleira de Cultura e Deportes, Eva Lata.

MARTÍN GAÑADOR DO CONCURSO DE DEBUXO PREBENXAMÍN
                        DIEGO GAÑADOR DO CONCURSO DE DEBUXO BENXAMÍN
DANI GAÑADOR DA PROBA DE HABILIDADE DE FÚTBOL BENXAMÍN
              TEO GAÑADOR DA PROBA DE HABILIDADE DE FÚTBOL PREBENXAMÍN
LAS ESTRELLAS GAÑADOR DA PROBA POR EQUIPOS
Para despedirnos e inmortalizar o momento, unha foto de familia...



No hay comentarios:

Publicar un comentario