miércoles, 8 de julio de 2015

TERCEIRO DIA DE CAMPAMENTO

Ainda nos queda a noite que pasaremos no Centro Etrnográfico do Mandeo en Teixeiro para mañá pola maña partir dende alí para o Aquapark en Cerceda pero imos adiantar un pouco en imaxes o que foi a xornada de hoxe.

Comezamos a mañá no campo de fútbol facendo o xogo da telaraña para entrar en calor.


Mais tarde fixemos unha pequena aproximación ó deporte do rugby, onde Lucia, recordemos que xogou no CRAT, lles dou unhas leccións básicas de pases, conducción e placaxes, para rematar cun partido para poñer en practica todo isto.





Despois da comida foi o turno para o concurso de debuxo con un gañador para cada categoría...


Aquí t6emos ós artistas coas súas obras.

Pola tarde fixemos as Olimpiadas con todo tipo de probas atléticas
 CARREIRA DE OBSTÁCULOS

 SALTO DE ALTURA
LANZAMENTO DE XABARINA

 CARREIRAS DE VELOCIDADE E DE RELEVOS
 LANZAMENTO DE PESO
TRIPLE SALTO

Ó final un pequeno descanso e reconto de marcadores...



No hay comentarios:

Publicar un comentario