miércoles, 29 de julio de 2015

DÍA DA BICI, MAÑA ACABA O PRAZO DE INSCICIÓN!!!

O vindeiro sábado, 1 de agosto, o Concello organizará o Día da Bicicleta en Curtis e Teixeiro, no que poderán participar afeccionados ao ciclismo sen límite de idade xa que tamén pretende incentivar a asistencia das familias.
Para optar ós trofeos será obrigatoria a inscrición, que se poderá realizar até o día 30 deste mes nas dependencias municipais de Teixeiro (Casa Consistorial) e nas de Curtis.
A ruta terá como punto de partida, ás 10.30 horas, o Pavillón Polideportivo de Curtis e a Praza de España en Teixeiro, e o percorrido en ambos os casos finalizará en San Roque de Xabriño. Á chegada sortearase unha bicicleta de montaña e procederase a entregar os trofeos ao ciclista máis novo, ao máis veterano, á bicicleta máis orixinal e ao grupo ciclista máis numeroso. Ademais, haberá avituallamento para os participantes.


No hay comentarios:

Publicar un comentario