miércoles, 22 de julio de 2015

CONTINUA O CAMPUS

Segunda xornada para esta quenda comezando o día con adestramento especifico de fútbol, accións individuais de tiro a porta, regate e centros para rematar con un partidiño.


 Despois de comer pasamos a o xogo da mímica, con situacions moi divertidas e despois ó de caracterización onde os nen@s tiñan que caracterizar a dous membros dos seus equipos conforme a unhas fotos que nos lles entregábamos, unha personaxe real e unha de ficción, dando un punto para o gañador de cada apartado.

TOMÁS FACENDO O HELICOPTERO NA PROBA DE MÍMICA

OS DOUS EQUIPOS GAÑADORES DA PROBA DE CARACTERIZACIÓN.
GAÑADOR DA PROBA DE PERSONAXE REAL
GAÑADOR DA PROBA DE PERSONAXE DE FICCIÓN.


Pola tarde fixemos o xogo da bandeira na Carballeira e as competicións de padel e baloncesto nas pistas exteriores.




No hay comentarios:

Publicar un comentario