viernes, 20 de mayo de 2016

PARTIDO VITAL PARA OS ALEVÍNS DE F8

O fin de semana comeza hoxe coa disputa da última xornada da Liga Interconcellos, no pavillón de Curtis a partir das 17:00h., enfrontanse dous equipos cos deberes feitos, xa que ambos contan con todas as súas categorías clasificadas para a fase final que este ano organiza Frades. 


VENRES 20 DE MAIO PAVILLÓN DE CURTIS 8ª XORNADA LIGA INTERCONCELLOS

17:00 INFANTIL
17:45 ALEVÍN
18:30 BIBERÓN
19:15 PREBENXAMÍN
20:00 BENXAMÍN

O sábado será o turno dos alevíns de F8 que se xogan o seu pase as semifinais do torneo copeiro nun duro partido co Paiosaco fora da casa. Os nosos contarán coas baixas  de Alberto por lesión e de Dani, recientemente operado e que dende aquí lle desexamos unha rápida recuperación.

SÁBADO 21 DE MAIO PORTA SANTA(PAIOSACO) 17ª XORNADA COPA ALEVÍN

11:45 UD PAIOSACO H.AÑON A - EDM CURTIS ALEVÍN F8



Por último, tamén o sábado, disputarase a Copa Benxamín de futsal nos concellos de Monfero e Irixoa, o Benxamín A quedou encuadrado no grupo A que xogará os seus partidos no pavillón do Xestal en Monfero con Miño e os locais, Irimón. O Benxamín B esta no grupo B e xogará fronte a Sobrado e Pontedeume no pavillon de Irixoa. Os partidos comezarán ás 10 da mañá e a final esta prevista para as 13:15 horas  en Irixoa.


No hay comentarios:

Publicar un comentario