jueves, 26 de mayo de 2016

CAMPIONATO PROVINCIAL EN CURTIS E TEIXEIRO

O vindeiro sábado, e por primeira vez no noso concello, disputarase o Campionato Provincial de fútbol sala, torneo organizado pola Secretaria Xeral para o Deporte e que contará cos campions das zonas de Ferrol, A Coruña-Costa da Morte, Santiago e Noia-Barbanza. En Teixeiro xogarán os equipos da categoría Alevín i en Curtis os da Benxamín. As nosas escolas estrán representados, como campións da zona de Ferrol e logo de gañar Liga e Intercomarcal, por un equipo en cada categoría.



Os partidos de semifinais seran pola mañá e os de 3º e 4º posto e final pola tarde. Estes son os emparellamentos e os horarios:




Por outro lado, en fútbol campo, os nosos equipos disputan as Copas, en Alevin F8 temos un partido clave mañá venres fronte o Luis Calvo Sanz, unha victoria ou un empate daríanos a clasificacion matemática para a fase final de este torneo que este ano se disputa en Cuntis(Pontevedra). O partido comezará ás 19:30 no Campo Novo de Curtis e os locais contrán coas baixas de Dani e de Alberto.

O sabado, tamén en Curtis, xogarán os Infantis, eliminatoria  de oitavos de final a partido único contra un equipo de categoría superior, o Rayo Sadense, o partido comeza ás 11:30 coa boa nova da recuperación de Isma que xa está recuperado da súa lesión.



No hay comentarios:

Publicar un comentario