viernes, 13 de mayo de 2016

APAIXOANTE FIN DE SEMANA

Interconcellos, Copa alevín, promoción de ascenso e finais intercomarcal zona de Ferrol, completan un cartel apaixoante par este fin de semana. Comezamos hoxe venres coa disputa da 8ª xornada da Liga Interconcellos en Touro.


VENRES 13 LIGA INTERCONCELLOS XORNADA P.M. DE TOURO

18:15 TOURO - EDM CURTIS ALEVÍN
19:00 TOURO - EDM CURTIS INFANTIL
19:45 TOURO - EDM CURTIS BENXAMÍN



O sábado xogarán os dous equipos de fútbol herba, o alevín, que se despraza a Dorneda para medirse o equipo locatario nun duelo entre os dous primeiros clasificados, e o infantil que xoga o partido de volta da promoción de ascenso cunha vantaxe de dous goles.

SÁBADO 15 DE MAIO CAMPO NOVO DE CURTIS PROMOCIÓN DE ASCENSO A 1ª, VOLTA

11:30 EDM CURTIS INFANTIL F11- CD OBRERO


SÁBADO 15 DE MAIO O CODESAL (DORNEDA) COPA ALEVÍN XORNADA15

12:00 C.XUVENTUDE DORNEDA - EDM CURTIS ALEVIN F8

O prato forte chegará o domingo coa disputa das finais do Campionato Intercomarcal entre os equipos da comarca de Lambre Mandeo (As Mariñas) e a das Pontes. O campión de cada categoría representará a zona de Ferrol no Campionato provincial que tamén se disputará en Curtis o vindeiro 28 de Maio. As escolas estrán representadas polos equipos do Benxamín A e o Alevín, ambos campións de Liga Comarcal sen perder un só partido.


No hay comentarios:

Publicar un comentario