martes, 3 de mayo de 2016

RESUMO FIN DE SEMANA

Comezabamos o fin de semana o venres, coa disputa da 6ª xornada da liga Interconcellos, en Melide fronte ó Melide A. Derrota dos Biberóns in extremis, por 2-1, nun partido no que merecerón moito mais, derrota tamén dos Prebenxamíns por 5-2 ante un rival superior e victorias dos demais equipos, Benxamíns 2-12, Alevíns 1-6 e Infantís 1-8, con estes resultados, salvo os Prebenxamís, teñen practicamente garantida a súa presenza na fase final, que este ano organiza Frades, todolos nosos equipos.



O sábado foi o turno dos equipos de fútbol campo, salientar a primeira derrota dos infantís este curso, no derradeiro partido de Liga, por 2-1 diante do Cristo Rey, nun partido marcado polas malas condicións do terreo de xogo e no que o rival se adaptou moito mellor e foi xusto gañador.
 Por outra banda, os alevíns, gañan fora nun partido complicado ó At. Perillo, eliminando de esta forma a un rival directo pola loita para estar nas semifinais da competicion copeira, continuan primeiros con dous puntos de vantaxe co segundo clasificado...

No hay comentarios:

Publicar un comentario