lunes, 16 de mayo de 2016

BENXAMÍN E ALEVIN CAMPIONS INTERCOMARCAIS E INFANTIS ASCENSO A 1ª

Fin de semana memorable para as escolas deportivas municipais, o sábado, os Infantís de fútbol 11 lograban o ascenso logo de derrotar ó Obrero por 2-1 no partido de volta da promoción de ascenso a 1ª Autonómica. O resultado de ida, 2-4 para os de Curtis, facía preveer un partido de volta cómodo pero, nada máis lonxe da realidade, un tempraneiro gol do Obrero, minuto 4 i os cambios obrigados por lesión de Dani e Isma, fixeron perigar a eliminatoria ata que dous golazos de David, un deles de falta directa pola escadra dende trinta e cinco metros, acabaron coas esperanzas de remontada do rival que nos derradeiros minutos apenas inquedou a meta local. Reseñar que Isma tivo que ser evacuado ó hospital logo dun forte golpe nun encontronazo co porteiro visitante pero todo quedou neso, nun golpe e nun gran susto para todolos presentes.

A festa continuou o domingo coas victorias no Intercomrcal dos equipos de Benxamín e Alevín de futsal, os primeiros gañaron por 5-1 ó Esteo das Pontes nun partido dominadao de principio a fin i os segundos por 5-0, fonte o mesmo rival, nun encontro moito máis disputado que se resolveu mediada a segunda parte cunha destacada actuación de Adri autor de catro goles.


Con eso ambos equipos están clasificados como representantes da zona de Ferrol para disputar o Campionato Provincial o vindeiro 28 de Maio en Curtis e Teixeiro e que contará, amen dos nosos equipos, coa presenza dos campión das zonas de Barbanza, A Coruña e Santiago.







No hay comentarios:

Publicar un comentario