martes, 10 de mayo de 2016

A UN PASO DO ASCENSO E DAS SEMIFINAIS DE COPA

Outro gran fin de semana para as escolas deportivas municipàis. O venres, en Interconcellos, 5 victorias en Ordes fronte o Jogafán, 2-5 os Biberóns con golazo de Tomás, 3-8 os Prebenxamíns, 0-12 os Benxamíns co debut como goleador de Gabriel, 0-16 os Alevíns e 1-8 os Infantís. Con estes resultados aseguramos a clasificación de todolos equipos para a fase final de Frades a disputar o 4 e 5 de Xuño.

En fútbol campo os Infantís encarrilan o ascenso cunha traballada victoria no campo do Obrero por 2-4 cun enorme partido de Isma. A volta será o vindeiro sábado, ás 11:30, no Campo Novo de Curtis .

Os Alevíns empataron na casa fronte o Ordes logo de ir perdendo 0-3 e terán un partido decisivo este sábado en Dorneda, unha victoria casi aseguraría o pase ás semifinais do torneo.

Por último, os Benxamins de futsal disputaron un torneo de fútbol 8 en Arzúa quedando no terceiro posto logo de perder fronte a EDA Arzúa e a SD Negreira e gañar ó Cire Melide.




No hay comentarios:

Publicar un comentario