lunes, 30 de mayo de 2016

BENXAMÍN E ALEVÍN CAMPIÓNS PROVINCAIS

Incrible a tempada que están a realizar os nosos equipos de futsal, ós titulos acadados ata hoxe, en Benxamín campións de Liga, Copa, Intercomarcal e Cidade de Lugo, e en Alevín campión de Liga e Intercomarcal, agora sumanse os de campions Provinciais, o Titulo máis alto que se pode acadar en futsal nas competicions de Deporte escolar.

Nas semifinais os benxamíns acadaron a súa clasificación na tanda de penaltis logo de remontar ata en tres ocasions ante un complicadísimo rival, Corcubión, que  foi un digno semifinalista. A final foi máis doada e rematou 9-3 contra un escotado Cabana.

En alevín, os nosos, venceron nas semifinais por 5-2 a Outes, cun fulgurante inicio de partido 2-2 ós 4 minutos e que decidiu a maior calidade dos nosos con Pedro como xogador máis destacado. Na final vencemos a Melide por 7-2 logo de unha primeira parte moi igualada, 0-0 minuto vinte e con Adri como xogador estrela.

Aquí vos deixamos en fotos alguns momentos dos partidos:














No hay comentarios:

Publicar un comentario